"ARE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 9955.

  • Amarrar a carga ao fungueiro do carro cun adival para evitar que caia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto caducifolio, da familia das rosáceas, de talos e pólas espiñosas, follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes que as follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non implica restrición, limitación ou condición.

    2. Que exclúe toda relación con outra cousa.

    3. Que non tolera oposición.

    4. Aplícase á forma, uso ou significación autosuficiente ou non relacionada con ningunha outra.

    5. Aplícase á estimación dunha magnitude medida a partir do valor cero da mesma.

    6. Designa, por oposición a fenómeno ou aparencia, o ser con independencia do coñecemento que se poida ter dela.

    7. Función que asigna a cada número o seu valor con signo positivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reter un corpo na súa masa a outro.

    2. Atraer unha cousa a outra cara ao seu interior, provocando unha corrente de aire.

    3. Reter a atención de alguén.

    4. Soportar un esforzo, un sistema mecánico, sen que apareza deformación permanente.

    5. Atenuar a intensidade dun feixe de partículas ou radiacións ao atravesar certas substancias.

    6. Consumir enerxía un sistema.

    7. Entregarse completamente a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

    3. Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

    4. Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

    5. Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

    6. Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

    7. Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

    8. Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

    9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absterse.

    2. Privación dun pracer ou dun manxar en cumprimento dun precepto relixioso ou dun voto especial.

    3. Conxunto de síntomas que aparecen ao interromper a administración dunha substancia, á que unha persoa desenvolveu adicción e tolerancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar forma ou mostrar as características propias dunha bucina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Brotar ou saír auga.

    2. Desprender líquido ou supurar os cascos das vacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Haber ou ter en abundancia.

    2. Amosar o acordo con algunha idea ou opinión empregando os argumentos precisos. OBS: Úsase coa preposición en.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar algo moi quente ou queimado.

    2. Provocar dor unha queimadura ou ferida.

    3. Causar molestia a alguén ata facerlle perder a paciencia.

    4. Dar présa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO