"ORGA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1298.

  • Que outorga. Tm s, referido a persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adxudicar, doar ou permitir algo a alguén.

    2. Conceder algunha cousa que se pide.

    3. Facer un contrato ou unha escritura diante de notario.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Célula que resulta da fecundación dun gameto feminino por un masculino, totipotente para desenvolver un novo organismo que reproduce os caracteres xenéticos dos seus reprodutores. Presenta polaridade, co que é capaz de orientarse.

      2. Gameto feminino non fecundado.

      3. óvulo.

      1. Corpo redondo, coa casca máis ou menos calcaria, posto pola femia de ave, réptil ou mamífero monotrema.

      2. Ovo de galiña doméstica destinado a alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Gameto feminino que se forma no ovario, e que despois de madurar e de ser fecundado é capaz de desenvolver un novo organismo. É unha célula voluminosa e contén vitelo de reserva.

      2. Preparado farmacéutico en forma de ovo, de aplicación vaxinal, que está composto dun excipiente de xelatina e glicerina, que forma unha masa branda que contén o medicamento.

    1. Célula sexual feminina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que presenta un desenvolvemento condicionado polo feito de dispor dunha concentración normal de osíxeno disolto na auga. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao organismo capaz de producir oxidacións. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axuda ofrecida a unha persoa por outra, por un organismo ou por unha institución.

    2. Órgano de xestión e de representación das entidades de carácter fundacional.

    3. Facultade de presentar un crego, en calquera dos seus graos, para a provisión dun bispado, prelatura secular ou regular, dignidades, prebendas, en catedrais e colexiatas, reitorías e beneficios.

    4. Costume medieval restablecido como dereito durante o reinado dos Reis Católicos (finais s XV-comezos s XVI) que autorizaba os monarcas para prover a maioría dos cargos eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que se ocupa dos organismos que viviron na Antigüidade e tenta coñecer, a través dos vestixios que quedaron deles, os fósiles e a súa bioloxía nun sentido total.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da ecoloxía que estuda a relación dos organismos extintos co medio en que vivían por medio dos restos fósiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pegada que deixa na rocha un organismo antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO