"peri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1992.

    1. Rexión do plano limitada por dúas semirrectas de orixe común. A unidade habitual para medilo é o grao sesaxesimal.

    2. Ángulo menor ca o recto.

    3. Rexión do espazo obtida como intersección de dous semiespazos.

    4. Ángulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia e ten como lados dous raios.

    5. Ángulo maior ca o recto.

    6. Ángulo que ten os lados formando unha soa recta.

    7. Ángulo sólido formado pola intersección de tres ou máis semiespazos determinados por planos que teñen un punto común.

    8. Ángulo que ten os lados perpendiculares.

    9. Dous ángulos contidos no mesmo plano que teñen o mesmo vértice e situados aos dous lados dunha semirrecta que lles fai de costado común.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda de afectividade caracterizada pola incapacidade de experimentar pracer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dotar de vida algún ser.

    2. Dar ánimo ou valor a alguén para afrontar unha acción, un perigo ou un proxecto.

    3. Coller ánimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao androceo formado por un número de estames diferente do de pezas dos outros verticilos do perianto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Humus, composto sobre todo de excrementos de animais acuáticos mesturados intimamente con material arxiloso.

    2. Tipo de solo que consta dun horizonte superior de humus de tipo anmoor e un horizonte inferior xeado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á annona.

      2. Conxunto de leis e constitucións imperiais que regulaban a percepción do imposto da annona, a administración dos víveres recollidos e a súa distribución.

    1. Funcionario do estado romano que tiña coidado da recepción, administración e distribución da annona como autoridade superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Intervalo de tempo, segundo a hipótese aparente, comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo mesmo punto da eclíptica, que corresponde, segundo a hipótese real, á duración dunha revolución da Terra arredor do Sol.

      2. Intervalo de tempo que, segundo a hipótese aparente, transcorre entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo perixeo. Equivale a 365,2596 días civís.

      3. Calquera dos intervalos cos que se mide a órbita de translación da Terra por oposición a ano civil.

      4. Unidade usada en astronomía que equivale á lonxitude que percorre a luz nun ano.

      5. Ano solar, en relación coa sucesión das estacións e por oposición a ano civil.

      6. Intervalo de tempo en que o Sol percorre os 360° da eclíptica ou ben o intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo círculo horario dunha mesma estrela. A súa duración é de 365,256 días.

      7. Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas do Sol polo primeiro punto de Aries.

      1. Unidade de medida do tempo, que corresponde aproximadamente ao ano solar ou trópico.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Falta de conformidade ou irregularidade con respecto a unha regra xeral.

      2. Irregularidade, particularmente orgánica, que presenta un individuo ou grupo de individuos respecto aos outros da mesma especie.

      3. Desviación dunha magnitude metereolóxica do seu valor normal.

      4. ariación dunha magnitude xeofísica debida á distribución irregular das masas na codia terrestre.

    1. Cousa anómala.

      1. Distancia angular, tomando como centro o Sol, desde o perihelio dun planeta ata o punto da órbita en que se localiza o planeta ou en que se localizaría, se o seu movemento fose uniforme.

      2. Arco de eclíptica, contado en sentido directo, que vai desde a liña das ápsides ata o Sol.

    2. Trastorno producido a consecuencia dunha alteración na formación ou no desenvolvemento dun ou de diversos órganos do embrión ou do feto durante a xestación.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incapacidade para experimentar o orgasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da extremidade superior ou torácica dos primates, comprendida entre o cóbado e o pulso.

    VER O DETALLE DO TERMO