"mini" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1065.

  • Silicato de aluminio, sodio e potasio, do grupo dos feldespatos, que cristaliza no sistema triclínico en cristais incoloros ou brancos e é estable a altas temperaturas. Localízase en rochas volcánicas que se consolidaron lentamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo ou traballo preliminar que serve de base á redacción definitiva dun proxecto.

    2. Proposta provisional que eleva un ministro ou conselleiro ao consello de ministros ou consello do goberno autónomo co fin de proceder á redacción definitiva dun proxecto de lei e á súa presentación no parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de antigo.

    2. Obxectos antigos.

    3. Os tempos antigos, especialmente en referencia á época clásica.

    4. Período de tempo transcorrido desde o día en que unha persoa inicia unha relación xurídico-laboral, como traballador dunha empresa ou funcionario dunha administración.

    5. O conxunto da cultura grecorromana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a acción da histamina.

    2. Fármaco que posúe unha actividade contraria á da histamina. Están indicados nas reaccións alérxicas, o mareo e a gripe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de determinismo racial que se basea en estatísticas interpretadas baixo o prexuízo da superioridade do louro dolicocéfalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición dun acto xurídico afectado por un vicio ou defecto legal que, aínda que non é suficiente para producir a súa ineficacia ou nulidade absoluta, permite, a petición dunha das partes interesadas, que os tribunais ou a administración declaren a súa ineficacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aperta.

    2. Peza de roupa interior feminina que serve para suxeitar e cinguir os peitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aplanar.

    2. Asentimento á demanda.

    3. Unidade morfolóxica do relevo, desenvolvida en altitude, que se caracteriza polo predominio da horizontalidade fronte ás serras e ás depresións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apropiar ou apropiarse.

      1. Acto polo que unha persoa fai súa unha cousa, incorporándoa ao seu patrimonio coa intención de dispoñer dela en concepto de propiedade definitiva.

      2. Delito contra a propiedade consistente en apropiarse de calquera cousa moble recibida en depósito, comisión, administración ou por outro título que obrigue á súa entrega ou devolución.

    2. Proceso polo que o lector fai propio o que en principio lle era alleo, actualizando deste xeito o significado do texto en cuestión.

    3. Procedemento teolóxico polo que unha virtude ou calidade común ás tres persoas da Trindade se atribúe preferentemente a unha delas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento fabricado a propósito para atacar ou defenderse.

    2. Impropiamente, arma nuclear.

    3. Arma de fogo na que a forza do gas producido pola carga de lanzamento provoca a expulsión do proxectil da recámara e a sucesiva recarga sen intervención do tirador.

    4. Medio de emisión de bacterias provocadoras de enfermidades utilizado con finalidade bélica.

    5. Axente agresivo constituído por organismos vivos ou polas súas toxinas, capaz de producir infeccións que incapacitan ou matan gran número de seres vivos.

    6. Arma de man que fere coa punta ou co fío.

    7. Arma bélica con respecto á que non se discutiu ou prohibiu a súa utilización por acordo marco ou organización internacional.

    8. Arma que expele un proxectil por medio da expansión de gases formados pola combustión da carga de pólvora.

    9. Arma de fogo na que a introdución do cartucho na recámara non se fai manualmente senón que se realiza coa única manobra do obturador ata o esgotamento dos cartuchos contidos nun depósito incorporado á arma.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO