"basi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 130.

      1. Facultade de lembrar.

      2. Categoría da memoria que se caracteriza pola retención das aprendizaxes que estiveron encaixadas na estrutura cognoscitiva dun individuo.

      3. Facultade que permite traer á mente fragmentos dun texto, epígrafes ou a súa posición nunha páxina.

    1. Presenza na mente dunha persoa ou cousa do pasado.

    2. Escrito para informar a alguén sobre un asunto de importancia.

      1. Dispositivo ou circuíto que permite a entrada dunha determinada información codificada en sistema binario e que é capaz de rexistrala e de almacenala temporal ou indefinidamente. Caracterízase, de forma xeral, pola súa capacidade (número de bits que pode almacenar) e polo tempo de acceso a unha determinada información.

      2. Memoria de capacidade moito máis grande pero de acceso máis lento que o da memoria principal.

      3. Memoria principal dun ordenador, especialmente cando forma parte da unidade central.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido que posúe un único átomo de hidróxeno substituíble por un metal ou un radical positivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Órgano do olfacto dos vertebrados, de conformación moi diversa, que consta basicamente de dúas bolsas situadas na parte anterior da cabeza e abertas ao exterior por un ou dous orificios por bolsa. Formada polas cartilaxes, músculos e pel, está tapizada interiormente por unha porción da mucosa pituitaria.

      2. Elemento aguzado de certas cousas que ten forma semellante ao nariz humano.

    1. Sentido do olfacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de deformacións que afecta a un oróxeno xa formado e que consisten, basicamente, en fracturas verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estilo musical basicamente instrumental que apareceu en EE UU na metade de 1980, e que persegue un ambiente pracenteiro a través de cadencias pausadas e da sinxeleza da melodía.

    2. Conxunto de movementos espirituais e relixiosos que xurdiron en Occidente entre a clase media e alta que propagaban unha nova conciencia fronte ás crises de supervivencia que ameazaban a humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que Eduard Suess lle deu ao núcleo da Terra, posto que consideraba que estaba formado basicamente por níquel e ferro. OBS: Tamén se denominou barisfera e endosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á noite ou que ten lugar de noite.

      2. Que desenvolve toda ou case toda a súa actividade durante a noite.

      3. Parte do oficio divino da noite, que consta basicamente de salmos e de lecturas.

      1. Composición musical introducida no s XVIII, escrita xeralmente para instrumentos de vento, que eran interpretadas ao aire libre e eran sinónimo de serenata.

      2. Composición vocal para unha ou dúas voces que xurdiu no s XVIII.

      3. Composición musical para piano, que xurdiu a finais do s XVIII, e na que predomina a melodía ornamentada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao norte.

      1. Relativo ou pertencente aos pobos xermánicos do N de Europa ou ás súas linguas.

      2. Natural ou habitante dos países do N de Europa.

      3. Grupo de linguas xermánicas que comprende todas as linguas escandinavas actuais e as linguas matrices. Inclúe o danés, o sueco, o islandés, o feroés e o noruegués; e o tronco orixinario ou protonórdico.

      1. Relativo ou pertencente á raza nórdica ou aos seus representantes.

      2. Individuo da raza nórdica.

      3. Raza do grupo leucodermo que ocupa, basicamente, o N de Europa e presentan dolicocefalia, talle elevado, os ollos e cabelos claros, a pel branca e a fronte oblicua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfabeto que se empregou, durante os primeiros séculos da era cristiá en Irlanda, Escocia, Gales e Inglaterra, basicamente nas inscricións epigráficas en celta insular e que case non difire do sistema alfabético latino.

    VER O DETALLE DO TERMO