"Rel" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 11178.

  • Relativo ou pertencente ás accións ou ao accionariado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás accións dunha sociedade mercantil.

    2. accionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Orde de aves depredadoras que presenta peteiro e gadoupas robustas. OBS: Tamén se denominan "falconiformes".

    2. Ave da orde dos accipiteriformes.

    3. Relativo ou pertencente aos accipiteriformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos accipítridos.

    2. Ave pertencente á familia dos accipítridos.

    3. Familia de aves da orde dos falconiformes ao que pertence o xénero Accipiter.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Graxa líquida de  procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles.

      2. Graxa semisólida que se extrae da copra. Emprégase na industria alimentaria e na fabricación de xabóns.

      3. Aceite que se obtén de fígados preparados de bacallau. Emprégase como reconstituínte polo seu alto contido en vitaminas A e D.

      4. Aceite que se obtén da liñaza. Emprégase en medicina para combater a hipercolesterinemia.

      5. Líquido oleoso que se extrae  dos froitos maduros da oliveira. Emprégase en alimentación.

      1. Substancia untosa, comestible, líquida ou facilmente licuescente, insoluble en auga.

      2. Solución de alcanfor en aceites de oliva purificados. Emprégase como analéptico.

      3. Aceite obtido da semente do rícino. Emprégase como purgante do aparato dixestivo.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao aceite.

    2. Persoa que se dedica a vender ou tratar co aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acelos.

    2. erme da orde dos acelos.

    3. Orde de vermes da clase dos turbelarios, formado por individuos que carecen de cavidade dixestiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de todas as modalidades fónicas da linguaxe, é dicir, a intensidade, o ton, a cantidade ou duración e o timbre dos sons.

      1. Indicación que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior intensidade da sílaba acentuada.

      2. Signo escrito sobre unha vogal que pode marcar o acento de intensidade ou o timbre aberto ou pechado, ou para distinguir unha palabra doutra coa mesma grafía pero con significado diferente.

      3. Elemento articulatorio mediante o que se destaca unha sílaba que petence a unha palabra.

      4. Elemento que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior lonxitude da sílaba acentuada.

    2. Conxunto de particulares inflexións que caracterizan a pronuncia propia dos habitantes dun país, rexión ou lugar.

    3. Argumento de intensidade dado a unha nota en relación ás outras para marcar o compás.

    4. Elemento constitutivo do verso que este, para ser harmonioso, leva en determinadas sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao acento.

    2. Que se basea no acento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás aceráceas.

    2. Árbore ou arbusto da familia das aceráceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos caducos da orde das sapindais á que pertence o xénero Acer.

    VER O DETALLE DO TERMO