"Ende" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2813.

  • Ciencia e tecnoloxía que pretende unha mellor utilización enerxética dos cultivos e produtos agrícolas co fin de aumentar a relación entre a enerxía consumida e a proporcionada pola biomasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agrupar ou agruparse.

    2. Unidade asociativa dentro da organización escolar, en que os rapaces e rapazas de todas as idades atopan a continuidade e a coordinación que esixe o proceso educativo.

    3. División do intervalo que comprende todas as observacións dunha serie estatística en pequenos intervalos iguais, denominados clases.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de agudo.

    2. Capacidade que ten unha persoa para percibir as cousas e para amosar enxeño.

    3. Dito agudo.

    4. Calidade acústica dos sons que dependen da frecuencia dos seus elementos constituíntes.

    5. Poder de percepción e de discriminación dos sentidos.

    6. Poder de visión clara dos detalles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. ento de pouca intensidade.

      1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    4. Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se bota o carbón da foia e logo se estende, separarándoo da cinsa.

    2. Espazo onde se botan as castañas da corriza.

    3. Parte superior da machada con forma de triángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento inicial de moitas palabras de orixe árabe que actúa a xeito de prefixo ou na asimilación de voces de ascendencia arábiga. Vai anteposto tamén en topónimos árabes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar máis largura a algo, estendendo, aumentando ou ampliando no tempo ou no espazo físico.

    2. Prolongar no tempo ou no espazo, facendo que sexa máis largo. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos aláudidos.

    2. Ave da familia dos aláudidos.

    3. Familia da orde dos paseriformes que comprende aves terrestres de cor predominantemente parda, de marcha rápida, coa uña do dedo posterior das patas moi longa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Albania, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Albania.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo albanés.

      2. Individuo do pobo albanés.

      3. Pobo de orixe indoeuropea que habita en Albania e en diversos núcleos de Iugoslavia (fundamentalmente en Kosovo) e Grecia, e forma importantes colonias emigrantes no S de Italia, Turquía e os EE UU.

    1. Lingua indoeuropea que se estende pola costa oeste da Península Balcánica, en Albania e polas áreas limítrofes de Serbia e Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO