"Canis" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 246.

      1. Que eleva ou serve para elevar.

      2. Que ten como finalidade elevar as partes nas que están inseridos. Tm s m, referido a músculo.

    1. Aparato que se emprega para elevar verticalmente ou cunha certa inclinación unha carga.

    2. Transformador destinado a aumentar a tensión dunha corrente alterna.

    3. Temón de profundidade ou de cabeceo.

    4. Cada un dos dous mecanismos empregados na linotipia, que conducen as matrices antes e despois das operacións de xustificación e de fundición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicar o movemento dun órgano de transmisión a un mecanismo por medio dun embrague. Tm abs.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de embragar.

      1. Clase de encaixe temporal que permite asegurar o enlace ou a separación de dúas árbores ou dous órganos xiratorios coaxiais, para efectuar ou interromper a transmisión do movemento e do par de forzas do un ao outro.

      2. Mecanismo que nos automóbiles permite realizar automaticamente manobras de embrague e desembrague e que pasa a punto morto cando o motor xira ao ralentí.

    2. Pedal ou panca que desembraga o motor ao accionarse un automóbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a estrutura e as funcións das glándulas de secreción interna, así como as propiedades químicas e os mecanismos de acción das hormonas que producen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que controla, mediante mecanismos fisiolóxicos, a temperatura interna do seu corpo de xeito que a mantén dentro de certos límites independentemente do ambiente. Tm s m, referido a organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enlazar.

    2. Cousa que serve para unir ou relacionar dúas ou máis cousas.

    3. Persoa que se dedica a manter a comunicación e facilitar a coordinación de esforzos entre persoas ou entidades que non teñen contacto directo.

    4. Cerimonia por medio da que dúas persoas contraen matrimonio.

      1. Lugar onde empalman os trens.

      2. Cruzamento de vías deseñado de xeito que se suprimen ou limitan os puntos en que os vehículos que circulan por unha calzada interceptan os que circulan por outra.

      1. Interacción entre dous ou máis atómos que ten como resultado a formación dun composto por medio das forzas de Coulomb entre as cargas eléctricas positivas e negativas do núcleo e dos electróns.

      2. Enerxía que se define como a diferenza entre a enerxía dunha molécula e a dos átomos que a forman.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de equilibrar ou equilibrarse.

    2. Acción e efecto de anular nun corpo ou nun mecanismo a resultante das forzas centrífugas e o seu momento resultante respecto ao eixe de rotación para evitar que se produzan vibracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de escapar.

      1. Mecanismo que suxeita unha peza ou outro mecanismo e que, cando actúa, libera este último e permite o seu movemento.

      2. Mecanismo do piano que, para evitar que o son se apague, fai regresar o martelo á posición inicial despois de percutir as cordas.

      3. Mecanismo que transforma o movemento oscilatorio do volante ou do péndulo en movemento de rotación das agullas do reloxo.

    2. Tempo do ciclo do motor de explosión en que os gases que se producen na combustión son expulsados ao exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Endurecemento morboso dos tecidos por lesión ou alteración patolóxica.

      2. Poliodistrofia progresiva infantil causada por unha dexeneración da cortiza cerebral e unha atrofia importante das circunvalacións cerebrais e da cortiza do cerebelo. É unha enfermidade hereditaria, de transmisión autosómica recesiva. OBS: Tamén se denomina síndrome de Christensen-Krabble ou enfermidade de Alpers.

      3. Enfermidade da neurona motora que se caracteriza pola asociación dunha síndrome neuroxénica periférica a unha síndrome piramidal.

      4. Manifestación da esclerodermia que se caracteriza por liñas localizadas de esclerose.

      5. Afección crónica do sistema nervioso central que se caracteriza pola aparición de zonas de desmielinización da substancia branca, chamadas placas, que orixina anomalías sensitivas e de control muscular.

      6. Manifestación xeneralizada da esclerodermia.

      7. Enfermidade conxénita, xeralmente hereditaria, transmitida por mecanismo autosómico dominante, aínda que tamén pode ser debida a unha mutación.

    1. Endurecemento dalgunhas membranas celulares por engrosamento ou por lignificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación de novas especies. Prodúcese cando se interrompe o fluxo xenético dentro dunha fonte común debido a algún mecanismo de illamento.

    VER O DETALLE DO TERMO