"treo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 43.

  • Borosilicato de aluminio e calcio con cantidades variables de ferro, magnesio e manganeso, que cristaliza no sistema triclínico en cristais tabulares. É piroeléctrico, de cor marrón, gris ou violáceo, transparente e de brillo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato básico de cobre que cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos de cor azul, de brillo vítreo e translúcidos.  Antigamente empregábase como pigmento azul e, hoxe en día, utilízase na fabricación de obxectos de artesanía e ornamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloruro hidratado de magnesio, que se presenta en cristais monoclínicos pseudohexagonais, de cor branca e brillo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido de lustre vítreo que se presenta en forma de mineral monoclínico holoédrico e que forma cristais prismáticos, curtos e grosos, incoloros ou de cor gris ou amarela, de fractura concoidal e brillo graxo e que se emprega na obtención doutros compostos do boro, nos vitrificados e na fabricación de esmaltes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento non metálico que pertence ao grupo III A da táboa periódica, de número de oxidación 3 e masa atómica 10,81. O boro emprégase en técnicas nucleares, e como mellorador de combustibles en motores de reacción.

    2. Calquera composto formado por boro e hidróxeno.

    3. Cada unha das dúas formas sólidas de fórmula empírica BN.

    4. Sólido semitransparente, de aspecto vítreo, higroscópico, preparado pola ignición do ácido bórico. Emprégase en metalurxia, en análise química e na fabricación de vidros resistentes ao lume.

    5. Líquido incoloro que se emprega como catalizador en síntese orgánica e como materia prima para a obtención de moitos compostos de boro.

    6. Ácido de Lewis máis forte que se coñece, polo que ten un alto valor como catalizador en química orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidróxido de magnesio que se presenta en cristais tabulares romboédricos, incoloros ou brancos, de brillo vítreo ou nacarado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato hidratado de cobre, que cristaliza no sistema triclínico. É de cor azul e ten brillo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Compartimento dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

      2. Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

      1. Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

      2. Local provisto de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte.

      3. Espazo oco no interior dos muros que serve de illamento.

      4. Local hermeticamente fechado onde se inxectan gases tóxicos para asfixiar persoas ou animais.

      5. Compartimento de paredes termicamente illadas, mantido a baixa temperatura por medio dunha máquina frigorífica.

      6. Sala na que se vela o corpo dun defunto antes do enterro.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicir unha a unha polo seu nome as letras que compoñen unha palabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio, ferro e boro, que cristaliza no sistema rómbico, con cristais prismáticos de cor azulada ou violácea. Normalmente, aparece en masas columnares ou fibrosas, de brillo vítreo e facilmente exfoliables.

    VER O DETALLE DO TERMO