"pipe" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 31.

    1. Riburón, da familia dos lámnidos, de fociño cónico, superficie ventral branca e a aleta dorsal presenta un apuntamento branco. A súa distribución é litoral e epipeláxica.

    2. Tiburón, da familia dos lámnidos, de corpo alongado e fociño apuntado que ten os ollos pequenos, a boca fendida e as aletas peitorais longas e fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea moi aromática, que pertence ao xénero Mentha, da familia das lamiáceas, que presenta follas opostas e flores actinomorfas. Moitas das especies proporcionan esencias,e a máis coñecida é a M. piperita.

    2. Infusión que se obtén da planta da menta.

    3. Licor preparado con menta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol terpénico monocíclico opticamente activo que, en forma de l-mentol, está presente na esencia da Mentha piperita, que ten propiedades antisépticas, refrescantes e levemente anestésicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pipeta que se emprega para medir volumes pequenos de líquidos con moita precisión.

    2. Pipeta coa punta moi fina que se emprega para realizar microinxeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a forma dun paralelepípedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prisma de seis caras, todas elas paralelogramos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rubideira, da familia das piperáceas, que presenta follas elípticas agudas e coriáceas, flores pequenas agrupadas en espiga, e froito en drupa, rico en aceites volátiles, que constitúen a pementa.

    2. Árbore perennifolia, da familia das anacardáceas, dicoica, resinífera, que presenta follas pinnaticompostas, con folíolos lineais, flores pequenas, brancas e paniculadas, e froito rosado, semellante, na medida e no gusto, á pementa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida espirituosa constituída por 2 g de esencia de menta piperina disolta en 500 g de alcohol e 500 g de xarope de azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cano de gran lonxitude que se emprega para a condución do gas natural ou do petróleo e dos seus derivados.

    VER O DETALLE DO TERMO