"linfo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 35.

  • Úlcera grande na vulva xunto con adenite inguinal e hipertrofia dos sitios afectados, que pode aparecer no linfogranuloma venéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Engrosamento natural de tecido de forma, tamaño e estrutura variable que pode ter lugar en calquera parte do corpo.

      2. Masa de tecido linfoide que se sitúa sobre todo o traxecto linfático. Os ganglios linfáticos teñen unha función hematopoética, fagocitaria e hemolítica.

      3. Masa de tecido nervioso que contén corpos celulares neuronais que se rodean dunha cápsula de tecido conectivo.

    1. Tumor cístico que se forma nos tendóns e nos músculos, próximo ás articulacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación e maduración das diferentes células sanguíneas, que ocorre na medula ósea. A partir das células precursoras hematopoéticas créanse cinco tipos de nucleadas precursoras das células sanguíneas normais: os proeritroblastos, que formarán os eritrocitos maduros; os mieloblastos, que formarán os eosinófilos, neutrófilos e basófilos; os monoblastos, que formarán os monocitos maduros; os linfoblastos, que formarán os linfocitos e os megacarioblastos que formarán as plaquetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inmune.

      1. Exención de obrigas, penas ou cargas a favor dunha persoa ou dun lugar.

      2. Condición xurídica especial da que gozan os representantes diplomáticos e que inclúe a inviolabilidade da súa persoa, os locais, os arquivos, a correspondencia e tamén a inmunidade de xurisdición.

      3. Privilexio outorgado á Igrexa en virtude do que os templos quedan exentos da xurisdición civil e poden conceder asilo relixioso, os bens da Igrexa gozan de exención fiscal, as persoas eclesiásticas non poden ser sometidas a xuízo sen a autorización do bispo e fican exentas da prestación de determinadas obrigas ou servizos.

      4. Prerrogativa da que gozan os membros dunha cámara lexislativa segundo a que non poden ser detidos, agás en caso de flagrante delito, e nin tan sequera inculpados ou procesados nunha causa sen unha autorización previa da cámara da que forman parte.

      1. Proceso polo que un organismo se fai resistente a unha enfermidade, especialmente infecciosa, grazas á formación de anticorpos específicos.

      2. Conxunto de procesos inmunitarios que son realizados en ausencia de anticorpos e son posibles grazas aos linfocitos T.

      3. Conxunto de procesos inmunitarios que se relacionan coa presenza de anticorpos producidos fundamentalmente polos linfocitos B.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína do plasma e outros líquidos orgánicos que presenta actividade de anticorpo e que é sintetizada polas células plasmáticas e polos linfocitos B.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Supresión da resposta inmunitaria que se debe á administración de fármacos antimetabolitos, á irradiación ou a axentes como o soro antilinfocitario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido transparente e alcalino que procede do sangue e circula polos vasos linfáticos, e que está composto principalmente de auga, albumina, materias graxas, sales e elementos celulares, a maioría deles linfocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á linfa.

    2. Sistema complexo constituído por capilares, vasos, colectores linfáticos, nódulos linfáticos, o bazo, amígdalas e o timo, que é por onde circula a linfa nos animais vertebrados. A súa función é drenar a linfa sobrante dos espazos intercelulares e devolvela ao sistema circulatorio, transportar parte das graxas que se absorben na dixestión e ser un dos compoñentes importantes do sistema inmunitario do organismo.

    3. tecido linfoide.

    4. Conduto que transporta a linfa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Linfocito inmaduro ou novo dos ganglios linfáticos e doutros órganos linfoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos linfocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO