hematopoese
hematopoese
hemato- + gr ποίησις ‘acción, creación’, de ποιε ῐ ν ‘facer’
s
f
[FISIOL ]
Proceso de formación e maduración das diferentes células sanguíneas, que ocorre na medula ósea. A partir das células precursoras hematopoéticas créanse cinco tipos de nucleadas precursoras das células sanguíneas normais: os proeritroblastos, que formarán os eritrocitos maduros; os mieloblastos, que formarán os eosinófilos, neutrófilos e basófilos; os monoblastos, que formarán os monocitos maduros; os linfoblastos, que formarán os linfocitos e os megacarioblastos que formarán as plaquetas.