"axo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 211.

  • Aplícase ao ácido graxo que se atopa como compoñente normal do aceite de cacahuete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un dos ácidos graxos indispensables, precursor da prostaglandina E2.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dimensión dunha superficie limitada por rectas ou curvas. A unidade de área no SI é o metro cadrado (m 2 ).

    2. Unidade métrica de superficie equivalente a un decámetro cadrado.

    3. Porción dunha superficie que se caracteriza por desenvolverse nela algún tipo de actividade ou por estar ocupada por un certo tipo de persoas.

    4. Ámbito no que está comprendida unha actividade humana.

    5. Zona anatómica ou superficie corporal que está relacionada con outras zonas.

    6. Concepto metafórico que en antropoloxía política delimita o ámbito onde determinados individuos ou faccións compiten entre si.

      1. Parte da superficie terrestre ocupada por un taxon.

      2. Área que non presenta interrupcións.

      3. Área formada por diversas partes separadas entre elas por extensións considerables onde o taxon non existe.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comezar a froita a tomar cor de madura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asociar ou de asociarse.

    2. Rango básico no sistema fitosociolóxico de clasificación. O nome fórmase a partir do nome científico dunha ou de dúas plantas presentes na diagnose orixinal do sintaxon e defínese por uns inventarios florais.

    3. Unión de diversas persoas cun vínculo xurídico para un fin común.

    4. Agrupación de diversas persoas, vinculadas xuridicamente, para a obtención dun fin non lucrativo que exclúe a obtención por parte dos asociados dunha ganancia proporcional ás cotas ou participacións preestablecidas.

    5. Unidade ecolóxica na que dúas ou máis especies se atopan máis frecuentemente emparelladas do que se esperaría se se desenvolvesen independentemente.

    6. Figura que consiste en aplicar a moitos iso que se refire implicitamente a un só.

    7. Formación de especies moleculares relativamente complexas pola unión de dúas ou máis moléculas simples dunha mesma substancia.

    8. Grupo formado cos tipos taxonómicos de solos que aparecen xuntos nunha rexión e que presentan unha determinada relación entre eles.

    9. Agrupación dos propietarios de terreos suxeitos ao sistema de execución urbanística de cooperación que, ademais de achegar os terreos de cesión obrigatoria, colaboran coa administración pública na execución das obras de urbanización.

    10. Cultivo simultáneo de dúas ou máis plantas de diferentes especies sobre o mesmo terreo para acadar un maior rendemento económico ou unha mellora na calidade da produción.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleótido que deriva do difosfato de adenosina (ADP) por fosforilación. Serve de vehículo dos grupos fosfóricos e é indispensable tanto para a degradación como para a síntese do glicóxeno. Intervén no metabolismo dos glícidos e dos ácidos graxos, e na activación dos aminoácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo da distribución xeográfica dos taxons.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza algunha cousa.

    2. Produtor orixinal dunha obra artística.

    3. Persoa que publicou validamente por primeira vez a descrición dun taxon determinado.

    4. Persoa que participa nun delito ou falta mediante a execución directa do feito punible.

    5. Conxunto de dereitos subxectivos e facultades xurídicas exclusivas e potestativas que corresponden aos  autores dunha obra literaria, científica, musical, dramática ou artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Autuniano.

    2. División do Permiano Inferior, situado por riba do Estefaniano e debaixo do Saxoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levar unha persoa ou cousa vantaxe sobre outra.

    VER O DETALLE DO TERMO