"SIX" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 157.

  • Que combate ou calma a tose. Tm s m, referido a fármaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ápice.

    2. Aplícase ao fonema cunha articulación que esixe a intervención activa do ápice ou extremo da lingua, en contacto con calquera parte das zonas avanzadas da boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que esixe moito esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou calidade do que se basta a si mesmo.

    2. Situación teórica de economía autosuficiente respecto do exterior, que esixe o autoabastecemento, o proteccionismo industrial e a supresión das importacións.

    3. Calidade da organización política autosuficiente.

    4. Entidade local autónoma, en Portugal, auxiliar e descentralizada da administración pública que está suxeita a fiscalización e tutela do estado, e posúe patrimonio e recursos propios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia mediante a que o organismo se afana por manterse vivo e rexeita aquelas esixencias que, de satisfacerse, conduciríano á destrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Frete dunha barca.

    2. Dereito de orixe medieval esixido pola facenda ou polos señores xurisdicionais para a utilización dun servizo público de barca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.

    2. Consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos, segundo o Código de Dereito Canónico.

    3. Aprobación reservada ao rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de forzas armadas con béstas.

    2. Contribución que se esixía antigamente para manter as compañías de besteiros.

    3. Arte da caza maior.

    4. Lugar en que se fabricaban béstas ou onde se exercitaban os besteiros para manexalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recipiente de forma regular, xeralmente cúbica, que adoita usarse para gardar e transportar obxectos.

      2. Contido dunha caixa.

      3. Carcasa total ou parcial dun moble, especialmente a parte dunha mesa que contén os caixóns.

      4. Parte do muíño que consta dunhas táboas dispostas en forma de cadrado, que rodea a moa e que serve para recoller a fariña que cae ao moer o gran.

      5. Caixa de madeira, formigón ou aceiro que se emprega para cimentar o terreo.

      6. Receptáculo de folla de lata, de base rectangular e medidas normalizadas, que se utiliza, sobre todo, para recoller e conservar as mostras de solo.

      7. Armario pequeno con medicamentos e utensilios farmacéuticos para casos de urxencia.

    1. Receptáculo longo con tapa, de madeira ou doutros materiais, onde se deposita un cadáver para o seu enterramento.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de unir dúas persoas en matrimonio.

      1. Cerimonia pola que se contrae matrimonio.

      2. Festa que acompaña a cerimonia na que se contrae matrimonio.

    2. Paga que os patróns nobres lles esixían aos mosteiros cando casaba unha das súas fillas e que se destinaba para o dote ou para o mantemento do novo matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO