"Mont" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 548.

  • Parte do terreo dun monte comunal que corresponde a cada un dos veciños á hora de facer a división.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á flora das montañas africanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oitavo mes do ano no calendario gregoriano.

    2. Época do ano en que se leva a cabo a colleita dos cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos agramonteses.

    2. Membro dun dos dous bandos (agramonteses e beaumonteses) en que se dividía o Reino de Navarra desde mediados do s XIV ata comezos do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.

    2. Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.

    3. Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.

    4. Agricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.

    5. Sistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.

    6. Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.

    7. Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.

    8. Sistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao pobo ainu ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo ainu.

      3. Pobo de Asia oriental que habita en diversas illas setentrionais de Xapón.

      4. Lingua que fala o pobo ainu. As investigacións toponímicas evidenciaron que era a lingua autóctona do arquipélago xaponés ata a chegada dos grupos continentais.

    1. Grupo humano leucodermo que se localiza na parte meridional da illa de Sakhalin e setentrional da illa de Hokkaido. A orixe desta raza aínda non é segura; trátase dun grupo leucodermo illado en medio de grupos xantodermos. Os datos arqueolóxicos permiten remontar a historia dos ainu a uns 12.000 anos como mínimo, aínda que non permiten resolver a cuestión das orixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rotacións realizadas nos montes de dominio público para transformarlos en leiras e terreos cultivables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a unha clase de uva que produce viño tinto e que se cultiva nas comarcas de Quiroga, Valdeorras, no Val de Monterrei e no Ribeiro.

    2. Aplícase ao viño que se fai con esta clase de uva. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro en branco empregado para reunir nel poesías, máximas, pezas de música, coleccións de debuxos, fotografías ou selos.

    2. Táboa pintada de branco ou recuberta de xeso onde se transcribían, antigamente, os edictos dos pretores, listas de xuíces e outros anuncios de carácter político e administrativo.

    3. Libro dotado de follas fixas ou móbiles destinado á montaxe dos selos dunha colección con carácter permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elixir con propiedades terapéuticas, creado por Paracelso, que utilizou Van Helmont para dar nome a un imaxinario disolvente universal, capaz de disolver todas as substancias.

    VER O DETALLE DO TERMO