"Map" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 55.

  • Persoa que se dedica a confeccionar mapas ou cartas xeográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa de formas esquemáticas e estilizadas no que se dá preferencia á información estatística, presentada a miúdo en forma de diagramas e formas xeométricas simples, coa superficie proporcional ao que se quere representar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da cartografía que se ocupa da medición das distancias sobre os mapas coa axuda dunha escala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar situado dentro dunha biblioteca onde se gardan ou coleccionan mapas.

    2. Moble especialmente habilitado para gardar mapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cámara ou dormitorio individual e de pequenas dimensións dun convento, colexio ou cárcere.

    2. Pequeno compartimento das entenas que constrúen algúns himenópteros no seu interior, e que amais de servir como almacén, críanse as larvas.

    3. Conxunto formado pola fuselaxe, as ás e as empenaxes dun avión, desprovisto de motores.

    4. Pequeno compartimento dunha antera, dun ovario, dun esporanxio e doutras estruturas vexetais.

    5. Elemento básico dunha rede cristalina, que a pode xerar por translación.

    6. Zona das ás dos insectos delimitada por nervios.

    7. Pequeno mosteiro independente da Alta Idade Media, ligado ao bispo ou ao señor do lugar.

    8. Elemento de volume do espazo físico.

    9. Unidade de información que forma un bloque de construción dun mapa, dunha base de datos ou dunha folla de cálculo.

    10. Dispositivo en que se consegue que teña lugar unha reacción química grazas ao abastecemento de enerxía eléctrica ou no que se produce enerxía eléctrica a partir de enerxía liberada por unha reacción química que ocorre espontaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Punto en que se cortan os eixes de simetría dun corpo ou figura xeométrica.

      2. Punto en que concorren as normais á traxectoria dun punto material móbil que corresponden a dous instantes de tempo moi próximos.

      3. Punto ao que se dirixen as forzas dun campo central.

      4. Punto dun corpo en que se pode considerar que está concentrado o seu peso.

      1. Zona dunha poboación onde se concentra a máxima actividade.

      2. Sector planificado e edificado, no contorno de galerías comerciais, que dispón dun certo número de locais de servizos.

      3. Parte dunha cidade que constitúe o núcleo urbano anterior ás expansións urbanas iniciadas na segunda metade do s XIX.

      4. Área do interior dunha cidade.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de precisión utilizado en cartografía para a referencia automática das coordenadas xeográficas e a súa translación aos mapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina da xeografía que estuda uns sectores concretos da superficie terrestre. Os gregos foron os primeiros en seguir este enfoque nas súas narracións e mapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cadrados que resulta de trazar nun papel liñas paralelas cortadas perpendicularmente por outras e cada un destes cadrados.

    2. Conxunto de liñas rectas, debuxadas sobre un mapa, que resultan de proxectar no plano a latitude e a lonxitude, e que se empregan para fixar a posición dun punto do mapa respecto á orixe de coordenadas.

    3. Resultado de dividir unha zona urbanizable en zonas cadradas.

    4. Cada unha das subdivisións dos sectores da zona de traballo dunha escavación arqueolóxica.

    5. Cada unha das estruturas que, segundo Piaget, caracterizan o pensamento formal do adolescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que permite medir distancias sobre espazos reais ou sobre un mapa.

    VER O DETALLE DO TERMO