"Ixión" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 128.

    1. Relativo ou pertencente aos budumas ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo buduma.

    3. Pobo que habita nas illas e nas costas do lago Chad. De relixión maioritariamente musulmá, dedícanse fundamentalmente á pesca.

    4. Lingua afroasiática que falan os budumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situación dolorosa, seguida de penas e aflicións.

    2. Cruceiro ou capela dedicados á Crucifixión e situados sobre un outeiro ou sobre unha elevación artificial do terreo, a miúdo preto dunha poboación, onde os cristiáns van facer o viacrucis ou lembrar a Paixón, especialmente en tempo de Coresma ou nos días de Semana Santa.

    3. Representación da Crucifixión realizada con técnica pesebrista durante a Semana Santa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Principio ou lei xeral que goberna o tratamento ou a aplicación dalgunha cousa.

      2. Conxunto de regras que establecen a relación equilibrada e harmónica das dimensións de algo conforme a un modelo ideal.

      3. Conxunto de normas que regulan a proporción e a simetría en arquitectura e en escultura.

      4. Principio a priori do uso recto de certas facultades do coñecemento na filosofía kantiana.

      5. Norma ou regra á que obedece o proceso lóxico.

      1. Relación dos santos canonizados pola Igrexa Católica.

      2. Catálogo ou lista de libros que forman o patrimonio revelado, sagrado, oficial ou ortodoxo dunha relixión, e que constitúen a súa base doutrinal.

      3. Colección dos libros recoñecidos e aceptados como inspirados e que constitúen a lista oficial dos libros da Biblia.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión sincretista fundada por Phu Ngo-van-Chien en Vietnam (1919-1925) que se organizou tamén como comunidade económica e militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instruír a alguén, oralmente, na relixión cristiá.

    2. Adoutrinar a alguén sobre os ideais básicos dunha ideoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Universalidade da Igrexa católica, que constitúe unha das catro notas coas que se autodefinía a Igrexa.

    2. Calidade de católico.

    3. Identificación cos principios da doutrina católica.

    4. Conxunto dos que practican a relixión católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma do cristianismo que define a Igrexa católica romana. É a relixión dos seguidores de Cristo que están en plena comuñón co bispo de Roma, cabeza do colexio episcopal, sucesor do colexio apostólico.

    2. Calidade de católico.

    3. Conxunto dos que practican a relixión católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asentamento humano estable de características socioeconómicas urbanas.

      2. Cidade desenvolvida en países colonizados co fin de exercer as funcións de goberno, administración e comercio.

      3. Cidade en que predomina a función residencial, onde a poboación se despraza a outra cidade para traballar.

      4. Cidade con sé de bispado, historicamente sometida ao poder temporal do seu bispo.

      5. Cidade orixinada pola industria, que é a función predominante.

      6. Cidade en que predomina a función residencial, xeralmente inserida nunha área urbana.

      1. Título que, nalgúns países, se outorga a certas poboacións.

      2. Cidade que, en tempos de guerra, non constitúe un obxectivo militar. Tamén reciben esta denominación as cidades moi poboadas e as de importancia industrial ou valor artístico que, co fin de evitar a súa destrución, se entregan sen loita ao inimigo.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sri Lanka, antiga Ceilán.

    2. Individuo do grupo étnico maioritario en Sri Lanka, antiga Ceilán.

    3. Pobo oriúndo da India que conquistou Sri Lanka cara ao 550 a C desprazando a poboación local, os veddas. Ocupa a rexión central e meridional de Sri Lanka e as illas Maldivas. Distribúense polas terras baixas e dedícanse ao comercio, á agricultura e á pesca. En Sri Lanka constitúen a maioría da poboación (73,9%) e están enfrontados coa poboación támil, de relixión hinduísta.

    4. Lingua da familia indoeuropea pertencente ás linguas indoarias. É a lingua oficial de Sri Lanka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que entra a formar parte da vida eclesiástica, nas relixións cristiás, tras recibir as ordes sagradas.

    VER O DETALLE DO TERMO