cidade

cidade

lat cīvitās -ātis ‘cidadanía’

Plural: cidades
    1. s

      Asentamento humano estable de características socioeconómicas urbanas.

    2. cidade colonial

      Cidade desenvolvida en países colonizados co fin de exercer as funcións de goberno, administración e comercio.

    3. cidade dormitorio

      Cidade en que predomina a función residencial, onde a poboación se despraza a outra cidade para traballar.

    4. cidade episcopal

      Cidade con sé de bispado, historicamente sometida ao poder temporal do seu bispo.

    5. cidade industrial

      Cidade orixinada pola industria, que é a función predominante.

    6. cidade residencial

      Cidade en que predomina a función residencial, xeralmente inserida nunha área urbana.

    1. s

      Título que, nalgúns países, se outorga a certas poboacións.

    2. cidade aberta

      Cidade que, en tempos de guerra, non constitúe un obxectivo militar. Tamén reciben esta denominación as cidades moi poboadas e as de importancia industrial ou valor artístico que, co fin de evitar a súa destrución, se entregan sen loita ao inimigo.

    3. cidade do Imperio

      Modelo de cidade do Sacro Imperio Romano-Xermánico que non pertencía a ningún señor feudal e que só recoñecía a autoridade do emperador.

    4. cidade estado

      Núcleo poboado, con frecuencia amurallado e rodeado dun territorio dependente, dotado de plena autonomía de goberno.

    1. cidade eterna

      Designación que recibe a cidade de Roma.

    2. cidade santa

      Cidade venerada polos fieis dunha relixión, como Xerusalén para os xudeus, musulmáns e cristiáns; Roma para os católicos ou A Meca para os musulmáns.

Confrontacións

campus

Citas

  • Concentraron os centros de ensino públicos na cidade escolar, Levámolos a visitar a cidade histórica
  • Toda a cidade estaba en contra da iniciativa do Concello

Refráns

  • Vive en cidade, por pequena que sexa; casa con moza, por pobre que pareza; e come carneiro, por caro que se venda.