"Itami" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 57.

  • Substancia que presenta un papel importante na síntese dos ácidos nucleicos e no metabolismo das graxas e dos aminoácidos. Almacénase no bazo e nos riles. OBS: Tamén se denomina vitamina B 12 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldehido líquido moi oloroso que constitúe parte do aceite do lemon grass e que se emprega na síntese da vitamina A e en perfumaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cítricos.

      1. Árbore ou arbusto da familia das rutáceas, (do xénero Citrus), que ten o froito en hesperidio, grande e comestible, de polpa con moito zume, aceda e rica en vitamina C, e presenta pel rugosa.

      2. Froito dun cítrico.

    2. Ácido tricarboxílico amplamente distribuído en tecidos e líquidos orgánicos, que se obtén do zume das plantas da familia dos cítricos. Emprégase na elaboración de sales efervescentes, xaropes ou bebidas aciduladas, e como regulador do pH, como antioxidante e antiespumante e como reactivo analítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto coa estrutura tetrapirrólica da vitamina B 12 ou cianocobalamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coencima das descarboxilases dos ácidos α-cetónicos, que cataliza a escisión dun 2-oxoácido a aldehido e dióxido de carbono. É a forma activa da vitamina B 1 , que normalmente se sintetiza no fígado a partir da cocarboxilase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molécula orgánica pequena, non proteica, relativamente complexa e termostable, necesaria para a actividade dun encima pero facilmente separable deste sen destruílo. Actúa como aceptante ou como doador dun tipo específico de átomo ou de grupo de átomo.

    2. Dinucleótido de nicotinamida e adenina.

    3. Fosfato de dinucleótido de nicotinamida e adenina.

    4. Coencima das reaccións encimáticas de transferencia de grupos acilo a grupos carbonilo ou a alcohois e aminas para dar ésteres e amidas.

    5. Catalizador bioquímico de oxidación-redución. Está relacionado, estruturalmente, coas vitaminas E e K. OBS: Tamén se denominan ubiquinonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das cucurbitáceas, que se caracteriza por ser hirsuta, e ter talos angulosos, follas orbiculares, flores douradas axilares e froitos en pepónide.

    2. Froito oblongo e verrugoso desta planta. É moi rico en auga e contén grandes cantidades de vitaminas A e C.

    3. Planta herbácea, da familia das cucurbitáceas, con flores unisexuais pentámeras e amareladas e froitos de tipo baga oblonga, colgante que, ao madurar, proxecta violentamente as sementes que conteñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto derivado do esterol que se forma na pel por irradiación con raios ultravioletas. OBS: Tamén se denomina vitamina D 3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anel formado por catro núcleos pirrólicos unidos, que é un dos compoñentes da vitamina B 12 .

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estado ou calidade de deficiente.

      2. Carencia de algo que se considera necesario.

    1. Perda ou anormalidade dunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica, calquera que sexa a súa causa.

    2. deleción cromosómica.

    3. Estado no que está un composto cando o número de electróns que forman un enlace químico é menor ca o necesario para formar enlaces simples normais.

    4. Carencia de calquera elemento químico necesario para o correcto desenvolvemento dun organismo vivo.

    5. Enfermidade causada pola carencia de vitaminas, minerais e aminoácidos debido a unha dieta inadecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO