"Gui" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1580.

    1. Relativo ou pertencente a Acacio de Constantinopla ou a Acacio de Cesárea.

    2. eguidor das doutrinas de Acacio de Cesárea ou ao cisma acaciano.

    3. Cisma (482-519) provocado polo patriarca Acacio de Constantinopla, quen instigou ao emperador Zenón á publicación do Henōtikōn, edicto de unión de tendencia monofisita que non foi aceptado polo papa Fiz III quen excomungou o patriarca e iniciou o cisma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asir coa man ou con outro obxecto algo que se atopa nun lugar distante.

    2. Chegar algo ou alguén a un punto, grao, medida, cantidade, lugar ou situación fixada de antemán.

    3. Conseguir facer realidade os desexos, metas ou obxectivos proxectados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Normativa propia dunha academia ou dun académico.

    2. Doutrina que propugna o seguimento do considerado academicamente correcto.

    3. Aplicación ás obras de arte dun espírito formalista que substitúe a expresión espontánea pola corrección normativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao academicismo.

    2. Cultivador e seguidor do academicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer nun curruncho.

    2. Perseguir a alguén ou algo ata un lugar de onde non vai poder saír.

    3. Deixar de lado unha persoa, cousa ou feito e relegala ao esquecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de todas as modalidades fónicas da linguaxe, é dicir, a intensidade, o ton, a cantidade ou duración e o timbre dos sons.

      1. Indicación que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior intensidade da sílaba acentuada.

      2. Signo escrito sobre unha vogal que pode marcar o acento de intensidade ou o timbre aberto ou pechado, ou para distinguir unha palabra doutra coa mesma grafía pero con significado diferente.

      3. Elemento articulatorio mediante o que se destaca unha sílaba que petence a unha palabra.

      4. Elemento que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior lonxitude da sílaba acentuada.

    2. Conxunto de particulares inflexións que caracterizan a pronuncia propia dos habitantes dun país, rexión ou lugar.

    3. Argumento de intensidade dado a unha nota en relación ás outras para marcar o compás.

    4. Elemento constitutivo do verso que este, para ser harmonioso, leva en determinadas sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acentuar.

    2. Colocación do sinal ortográfico ou entoación propia que se lle dá a unha palabra, seguindo as regras ortográficas desa lingua.

    3. Aumento ou intensificación de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de extinguir as obrigas que consistía nun convenio que se realizaba por medio de preguntas e respostas segundo fórmulas sacramentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido acético que se emprega sobre todo na industria téxtil para a tinguidura e os estampados, para a impermeabilización e a ignifugación e como disolvente. O acetato máis importante é o acetato de vinilo, que se usa como materia prima para a fabricación de polímeros, como o acetato de polivinilo.

    2. acetobutirato de celulosa.

    3.   Éster acético da celulosa, e dos plásticos que derivan del, en que a esterificación é incompleta. Emprégase, sobre todo, na fabricación de fibras téxtiles.

    4. Polímero do acetato de vinilo. É unha resina con propiedades adhesivas que se emprega como cola para madeira e na obtención de coiro artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer unha cousa ou persoa máis próxima a outra.

    2. Xuntar varias cousas nunha morea.

    3. Presentar un ou varios documentos xunto con outros para complementar unha documentación.

    4. Proporcionar algo para contribuír a unha causa determinada.

    5. Poñerse baixo a protección de alguén.

    6. Unirse unha parella en vida conxugal sen estar casados.

    7. Ir ao encontro de alguén. OBS: Emprégase seguido da preposición por.

    8. Desprazarse a un lugar concreto e próximo de onde se está situado.

    VER O DETALLE DO TERMO