"EE UU" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 72.

  • Aparato inventado por Dickson e por Lauste en 1895 en EE UU, equivalente ao cinematógrafo dos irmáns Lumière.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida para grans que en Inglaterra equivale a 0,036369 m 3 en EE UU a 0,035239 m 3 .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réptil pertencente aos xéneros Caiman, Melanosuchus e Paleosuchus, da familia dos aligatóridos, que presentan un tipo morfolóxico lacertiforme, o fociño ancho, aplanado e arredondado no extremo, e a mandíbula inferior cun oco onde encaixa o cuarto dente da mandíbula inferior.

    2. Caimán do xénero Paleosuchus, que presenta un fociño relativamente longo e non aplanado.

    3. Caimán que vive nos grandes ríos dos Andes.

    4. Caimán que vive no Yang-Tse-Kiang e no SL de EE UU.

    5. Caimán que ten o fociño curto, e vive en ríos e lagos do SL de EE UU.

    6. Caimán que presenta o fociño tan longo como ancho, é propio dos medios húmidos de América do Sur.

    7. Caimán de cor negra e ventre marelo, que vive en Amazônia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loita orixinaria de EE UU, baseada na loita clásica grecorromana e na que se admiten todo tipo de golpes. OBS: Tamén se denomina loita libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero ruminante, da familia dos cérvidos, con aspecto áxil, patas longas e delgadas. O pelame adoita ter as partes inferiores máis claras e no traseiro aparécelles unha zona moi clara, baixo unha cola curta. Os machos posúen unha cornamenta ramificada, que se desprende en primavera.

      2. Cervo pequeno, sen hastas, pero cuns caninos moi desenvolvidos.

      3. Cervo de pelame acastañado arrubiado no verán e acastañado agrisado no inverno.

      4. Cervo que viven en lugares abertos.

      5. Cervo orixinario de Asia que se estendeu por Europa onde vive sobre todo en catividade.

      6. Cervo propio dalgunhas rexións de Bolivia, de Paraguay e de Brasil.

      7. Cervo de cor acastañada con pintas, coa cabeza máis clara e cunha liña negra ao longo do pescozo e lombo.

      8. Cervo de talle mediano, coa hasta curta e moi ramificada que é propio de EE UU.

      9. Cervo cunha cornamenta de ata 1 metro de envergadura e 12 puntas.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cidadáns estadounidenses de orixe mexicana.

    2. Cidadán dos EE UU de orixe mexicana.

    3. Poboación dos EE UU orixinaria de México. Comezaron a entrar ilegalmente no país na década de 1970 para traballar na agricultura e axiña se instalaron nas grandes cidades. Os dereitos civís comezaron a recoñecérselles na década de 1990, cando o seu peso demográfico ocasionou que estes fosen obxecto de atención preferente do Republican Party.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. cinematografía.

      2. Actividade cinematográfica non profesional realizada xeralmente en película de paso estreito.

      3. Denominación de certas salas especializadas en exhibición de filmes en versión orixinal e íntegra de obras de calidade, de repertorio clásico, de experimentación e de vangarda.

      4. Período que comprende desde o nacemento do cine (1895) ata a aparición do cine sonoro (1928). As imaxes acompañábanse de música en directo e subtítulos para conseguir un maior realismo.

      5. Xénero do cine que se desenvolveu fundamentalmente nos EE UU (1941 – 1955) e que tivo unha certa continuidade en Europa. A violencia, o sexo, a criminalidade e a sociedade marxinal son elementos básicos desta tendencia, que ten a súa orixe no filme The Maltese Falcon (1941) de John Huston.

      6. Período da historia do cine que comezou en 1928, caracterizado pola presenza do son das voces dos actores dentro da película.

    1. Sala comercial onde se proxectan películas cinematográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baile propio de EE UU que consiste na acentuación rítmica dunha peza musical por medio de golpes dados co talón e coa punta dos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento intelectual desenvolvido fundamentalmente na década de 1980 en EE UU que defendía unha noción positiva de liberdade, a revitalización da sociedade a través da redefinición da familia e a creación de verdadeiras democracias participativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título ou dignidade de conde.

    2. Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun conde.

      1. Circunscrición administrativa de primeira orde de Hungría, Irlanda e Liberia.

      2. Circunscrición administrativa de segunda orde en Reino Unido, dividida en distritos rurais e urbanos; e en EE UU, administrada por un sheriff.

    VER O DETALLE DO TERMO