chicano -na

chicano -na

aférese de mexicano

Plural: chicanos Masculino: chicano Masculino plural: chicanos Feminino: chicana Feminino plural: chicanas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cidadáns estadounidenses de orixe mexicana.

  2. s

    Cidadán dos EE UU de orixe mexicana.

  3. s m pl

    Poboación dos EE UU orixinaria de México. Comezaron a entrar ilegalmente no país na década de 1970 para traballar na agricultura e axiña se instalaron nas grandes cidades. Os dereitos civís comezaron a recoñecérselles na década de 1990, cando o seu peso demográfico ocasionou que estes fosen obxecto de atención preferente do Republican Party.

Palabras veciñas

chibo -ba chica chicado chicano -na chicar chicha chícharo