"AFG" (En toda a entrada)

Amosando 8 resultados de 18.

    1. Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, de corpo áxil e musculado e pelame curto, pardo e cun gran número de manchas negras co centro claro. Vive en toda clase de hábitats, tanto en bosques tropicais como en zonas áridas, na montaña e na chaira. Ten unha área de distribución extensa. A maioría das subespecies atópanse en perigo de extinción.

    2. Figura heráldica que se representa pasante coa cabeza de fronte, amosando os dous ollos e caída a borla da cola cara a fóra.

    3. Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, que se alimenta de pequenos e medianos mamíferos. Habita nas montañas do Himalaia, Afganistán, Pakistán, India, China e Nepal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Mongolia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Mongolia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo mongol.

      2. Individuo do pobo mongol.

      3. Pobo dunha rama mongol procedente do Turquestán, que foi islamizado no s XIV e que creou un grande imperio.

    1. Grupo de linguas altaicas, que inclúe o oirat, o dialecto mongol de Afganistán, o buriato e o khalkha, falados na República de Mongolia, ou o mongour, en China Occidental.

    2. Soberano do Imperio Mongol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo pashto.

    2. Individuo do pobo pashto.

    3. Pobo iranio distribuído en 60 tribos subdividas en clans, subcláns e familias patriarcais, formado por guerrerios de relixión islámica, que viven entre Afganistán e Paquistán.

    4. Lingua irania que utiliza o alfabeto árabe, que é o idioma oficial de Afganistán, xunto co persa, e que tamén se fala no NO de Paquistán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Persia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Persia.

    3. Lingua irania, escrita en caracteres árabes, que se fala na antiga Persia, en Irán e en gran parte de Afganistán.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos qïzïlbash.

      2. Individuo do pobo qïzïlbash.

      3. Pobo do grupo turcománs establecido en Afganistán tras as invasións de Nādir Shāh (s XVIII).

      1. Relativo ou pertencente á seita dos qïzïlbash.

      2. Membro da seita dos qïzïlbash.

      3. Seita de inspiración xiíta, difundida entre os kurdos e os turcos de Anatolia Oriental que adoptaron as doutrinas dos xas safávidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos talibáns.

    2. Membro dos talibáns.

    3. Movemento integrista islámico radical afgán que gobernou ditatorialmente o país (1996-2001) e que impuxo como lei fundamental a šarī’a.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Taxikistán, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Taxikistán.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo taxiko.

      2. Individuo do pobo taxiko.

      3. Pobo iraniano, de etnia turánida, que habita nas provincias setentrionais de Afganistán desde Herāt ata Badakhshān e na República de Taxikistán.

    1. Forma simplificada do persa moderno, oficial en Taxikistán, que se escribe en alfabeto cirílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Turkmenistán, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Turkmenistán.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo turcomán.

      2. Individuo do pobo turcomán.

      3. Pobo turco de Asia Central que formaba un conglomerado de tribos, das que destacan as hordas Kara Koyünlü, Ak Koyünlü e a tribo dos selxúcidas. A maioría habitan no Cáucaso, Uzbequistán, Turkmenistán, Irán e Afganistán.

    1. Lingua turca que se fala en Turkmenistán.

    VER O DETALLE DO TERMO