mongol

mongol

topónimo Mongolia

Plural: mongois
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Mongolia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Mongolia.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo mongol.

    2. s

      Individuo do pobo mongol.

    3. s

      Pobo dunha rama mongol procedente do Turquestán, que foi islamizado no s XIV e que creou un grande imperio.

  1. s m [LING ]

    Grupo de linguas altaicas, que inclúe o oirat, o dialecto mongol de Afganistán, o buriato e o khalkha, falados na República de Mongolia, ou o mongour, en China Occidental.

  2. gran mongol

    Soberano do Imperio Mongol.