"PEME" (Contén)

Amosando 5 resultados de 5.

    1. Froito da pementeira que pode ser negra cando o froito non está maduro e desecado, e branca cando o froito está maduro, desecado e privado de cubertas.

    2. Especia picante que se elabora a partir deste froito.

    3. Planta herbácea anual, da familia das poligonáceas, de gusto agre, que presenta follas lanceoladas agudas, flores rosadas ou brancas verdosas, agrupadas en espigas delgadas e froito nuclear trígono, negro e brillante.

    4. Fungo, da orde dos agaricais, que se atopa en grupos, co sombreiro semicircular e láminas desiguais e anchas de cor laranxa sucia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rubideira, da familia das piperáceas, que presenta follas elípticas agudas e coriáceas, flores pequenas agrupadas en espiga, e froito en drupa, rico en aceites volátiles, que constitúen a pementa.

    2. Árbore perennifolia, da familia das anacardáceas, dicoica, resinífera, que presenta follas pinnaticompostas, con folíolos lineais, flores pequenas, brancas e paniculadas, e froito rosado, semellante, na medida e no gusto, á pementa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, da familia das solanáceas, que presenta follas ovadas ou amplamente lanceoladas, enteiras, flores brancas, solitarias e rotáceas, e froito comestible en baga oca, groso e de cor vermella unha vez maduro.

    2. Terreo sementado de pementos.

    3. Fungo da orde dos rusulais, que presenta sombreiro en forma de funil e a cutícula veluda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito comestible do pementeiro.

    2. pementeiro.

    3. Especia que se obtén a partir do froito seco do pementeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO