"Sión" (Contén)

Amosando 10 resultados de 372.

    1. Acción e efecto de reconverter.

    2. Adscrición a unha nova actividade profesional.

      1. Proceso en que a estrutura produtiva dun estado, ou dun sector económico concreto, se adapta a unha nova tecnoloxía ou contexto social.

      2. Proceso que tende a reconstruír unha situación anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de volver cara a atrás.

    2. olta dun tecido, dun órgano, dun síntoma ou dun fenómeno a un estadio anterior da súa evolución ontoxénica.

    3. Estudo da mellor aproximación dunha variable estatística y a partir dunha familia dada de variables estatísticas x 1 ,...,x n , mediante combinacións lineais do tipo a 1 x 1 +...+a n x n +b, buscando os denominados coeficientes de regresión a 1 , a 2 ,..., a n , b, tales que fagan mínima a distancia ao cadrado d 2 (y, a 1 x 1 +...+a n x n +b).

    4. Retracción ou contracción da área cuberta polo mar con relación ás terras emerxidas.

    5. Remisión dunha enfermidade.

    6. Proceso inconsciente mediante o que o individuo volve a unha etapa anterior do seu desenvolvemento, como medio de defensa ante unha frustración.

    7. Creación dun termo a partir doutro que se considera erroneamente como derivado.

    8. Lei enunciada por Francis Galton onde establecía unha correlación entre os caracteres cuantitativos dos pais e os da súa descendencia, como medida hereditaria.  

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reimprimir.

    2. Nova impresión dunha obra xa editada, sen modificacións importantes e coa mesma composición tipográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de remitir ou remitirse.

      1. Perdón ou condonación total ou parcial dunha débeda, dunha culpa ou dunha obriga renunciando aos propios dereitos de compensación, de satisfacción ou de querela.

      2. Perdón dos pecados e primeiro efecto do sacramento da penitencia mediante a efusión da graza.

    2. Indicación coa que nun escrito se envía ao lector a outro lugar para obter unha explicación mellor dunha cousa. 

    3. Diminución da intensidade dos síntomas dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de repercutir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reprender.

    2. Palabras con que se reprende.

    3. Amoestación solemne feita polo tribunal para suscitar no culpable dunha falta a consciencia do mal que fixo, para que non volva cometela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de reprimir.

      2. Acción ou situación creada por alguén desde o poder sobre outra persoa ou grupo impedindo calquera manifestación, movemento ou tendencia que poidan entrar en conflito coa situación establecida.

      3. Proceso ou mecanismo psíquico mediante o que quedan inconscientes determinados elementos dinámicos da actividade instintiva.

    1. Mecanismo de inhibición da síntese dun determinado encima, debido á presenza do produto final da reacción que o encima cataliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de repeler.

    2. Aversión contra alguén ou algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rescindir.

    2. Procedemento xurídico encamiñado a invalidar un contrato por causar prexuízo a algúns dos contratantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de retorcer ou retorcerse.

    2. Acción mediante a que un estado contesta dunha maneira semellante a unha falta de consideración ou equidade doutro estado.

    3. Acción de dirixir o argumento dun adversario contra el mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO