remisión

remisión

lat remissiōne

Plural: remisións
  1. s f

    Acción e efecto de remitir ou remitirse.

  2. s f
    1. [DER ]

      Perdón ou condonación total ou parcial dunha débeda, dunha culpa ou dunha obriga renunciando aos propios dereitos de compensación, de satisfacción ou de querela.

    2. [RELIX ]

      Perdón dos pecados e primeiro efecto do sacramento da penitencia mediante a efusión da graza.

  3. s f [LIT ]

    Indicación coa que nun escrito se envía ao lector a outro lugar para obter unha explicación mellor dunha cousa. 

  4. s f [PAT ]

    Diminución da intensidade dos síntomas dunha enfermidade.