represión

represión

lat repressiōne

Plural: represións
  1. s f
    1. Acción e efecto de reprimir.

    2. [POLÍT/SOCIOL ]

      Acción ou situación creada por alguén desde o poder sobre outra persoa ou grupo impedindo calquera manifestación, movemento ou tendencia que poidan entrar en conflito coa situación establecida.

    3. [PSIC/PSIQ ]

      Proceso ou mecanismo psíquico mediante o que quedan inconscientes determinados elementos dinámicos da actividade instintiva.

  2. s f [BIOQ ]

    Mecanismo de inhibición da síntese dun determinado encima, debido á presenza do produto final da reacción que o encima cataliza.