"CIM" (Contén)
Amosando 10 resultados de 103.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto ou árbore, da familia das cupresáceas, de casca e cor avermellada, con follas aciculiformes perennifolias, cunha franxa branca no revés, dispostas en verticilos. As árbores femininas levan as piñas globulosas, formadas por escamas soldadas cunha coloración negra cando están maduras, que constitúen os froitos.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo xermánico dos cimbros.
-
Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).
-
Dialecto do celta britónico que falaban os cimbros, mantido na zona fronteiriza occidental entre Inglaterra e Escocia probablemente ata o s X.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serra grande con dous mangos, un en cada extremo.
-
-
Adorno que se colocaba sobre o helmo, feito de materiais moi lixeiros e que levaban os cabaleiros para facerse recoñecer nos combates. Servía tamén de brisura para distinguir ramas dunha familia e como símbolo distintivo dalgún oficio ou dunha dignidade.
-
Cima dun monte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto aromático do que se coñecen os tres isómeros orto, meta e para. O p-cimeno localízase en moitos aceites esenciais (comiño e tomiño). Emprégase como disolvente e na fabricación de resinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de cimentar.
-
-
Dispoñer os cimentos dunha construción.
-
Dar a algunha cousa unha solidez maior da que ten.
-
Ter algo ou alguén o seu fundamento nunha cousa que se expresa.
-
-
-
Parte do edificio soterrada que serve de apoio e soporte para a estrutura do mesmo.
-
Argumento ou idea principal sobre a que se constrúe un principio, unha teoría ou outra cousa non material.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cimerios.
-
Individuo do pobo dos cimerios.
-
Pobo nómade de orixe indoeuropea, do tronco iranio, procedente das estepas do S de Rusia. Arredor do s VIII a C cruzaron o Cáucaso e asentáronse na península de Anatolia; a partir de aí estendéronse por Asia Menor. Loitaron cos asirios, ocuparon Lidia e destruíron o Reino de Frixia e as colonias gregas da costa norte. O rei Lidos Aliates combateu contra eles e rematou aniquilándoos.
-
Serie de fases oroxénicas do ciclo paleoalpino que tiveron lugar no transcurso do Triásico superior e durante o Xurásico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado imidazólico que se emprega contra as úlceras gastroduodenais.