cimbro

cimbro

*jibro *jiebro lat jĭnĭpĕru ‘cimbro’

Nome científico: Juniperus communis Plural: cimbros
s m [PLANTA ]

Arbusto ou árbore, da familia das cupresáceas, de casca e cor avermellada, con follas aciculiformes perennifolias, cunha franxa branca no revés, dispostas en verticilos. As árbores femininas levan as piñas globulosas, formadas por escamas soldadas cunha coloración negra cando están maduras, que constitúen os froitos.