"Arta" (Contén)

Amosando 10 resultados de 68.

  • Movemento político de carácter revolucionario xurdido en Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial, relacionado inicialmente coa socialdemocracia e posteriormente co comunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espartaquismo.

    2. Seguidor do espartaquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de fartar ou fartarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén satisfaga plenamente a súa fame ou sede.

    2. Cansar ou aburrir a alguén ata o punto de facer que perda o interese ou a paciencia.

    3. Encherse alguén de comida ou bebida.

    4. Cansarse de algo ou alguén ata o límite de non poder soportalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sufriu un infarto. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réptil saurio femia da familia dos lacértidos.

      1. Lagarto, da familia dos lacértidos, pequeno e moi común, de forma alongada e provisto de catro extremidades completas. O corpo está cuberto de escamas, os ollos teñen pálpebras e o oído está moi desenvolvido, con membrana timpánica visible.

      2. Lagarta de corpo ancho e extremidades ben desenvolvidas. A cor é un produto das manchas negras da columna coa banda marrón do dorso. Os lados están conformados por unha intrincada rede negra.

      3. Lagarta de corpo pequeno e alongado, con membros curtos. É de cor parda con líñas laterais amarelas.

      4. Lagarta de corpo moi deprimido. Viven en zonas pedregosas con toxos.

      5. Lagarta de corpo robusto de cor negra no lombo e liñas laterais ben delimitadas. Comen unha gran gama de invertebrados, desde arañas ata coleópteros.

    2. Muller desvergonzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero tipicamente forestal, da familia dos mustélidos, que presenta cor marrón cunha mancha amarela no peito.

    2. Mustélido parente moi cercano da marta común, aínda que de maior tamaño, á que substitúe nas taigas de Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carraca formada por unha aspa colocada sobre un pau, que se emprega para espantar os paxaros co ruído que fai ao xirar coa forza do vento.

    2. Elemento, xeralmente de madeira, que consiste nunha peza que xira sobre unha punta cravada na súa parte central e que serve para pechar por dentro portas ou ventás.

    3. Persoa que fala moito e con pouco tino.

    VER O DETALLE DO TERMO