lagarta
-
s
f
[ANIMAL ]
Réptil saurio femia da familia dos lacértidos.
-
-
s
Lagarto, da familia dos lacértidos, pequeno e moi común, de forma alongada e provisto de catro extremidades completas. O corpo está cuberto de escamas, os ollos teñen pálpebras e o oído está moi desenvolvido, con membrana timpánica visible.
-
lagarta da serra [Lacerta monticola]
Lagarta de corpo ancho e extremidades ben desenvolvidas. A cor é un produto das manchas negras da columna coa banda marrón do dorso. Os lados están conformados por unha intrincada rede negra.
-
lagarta das brañas [Lacerta vivipara]
Lagarta de corpo pequeno e alongado, con membros curtos. É de cor parda con líñas laterais amarelas.
-
lagarta dos penedos [Podarcis hispanica]
Lagarta de corpo moi deprimido. Viven en zonas pedregosas con toxos.
-
lagarta galega [Podarcis bocagei]
Lagarta de corpo robusto de cor negra no lombo e liñas laterais ben delimitadas. Comen unha gran gama de invertebrados, desde arañas ata coleópteros.
-
s
-
s
f col
Muller desvergonzada.