"form" (Contén)

Amosando 10 resultados de 365.

  • Que é mellor ou maior do habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto, da orde dos himenópteros, que se caracteriza por presentar o corpo aparentemente dividido en cabeza, mesosoma, pecíolo e gastro. Viven socialmente en colonias formadas por femias estériles obreiras ou soldados, femias fértiles ou raíñas e machos.

    2. Larva dalgúns neurópteros que fabrican un pequeno buraco cónico en solos areosos onde se enterran á espera de que nel caian pequenos insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Experimentar unha sensación de cóxegas en calquera parte do corpo debido á falta de circulación do sangue.

    2. Mostrar alguén unha certa inquietude ou desacougo.

    3. Haber nun lugar moitas persoas ou animais movéndose conxuntamente de xeito semellante ao das formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doenza que sofre o gando e que vai desfacendo os cascos ou pezuños pola parte interior.

    2. Inflamación con pus que se produce na pel dos dedos, sobre todo nos bordos das uñas.

    3. Sensación semellante á das cóxegas que se produce nunha parte do corpo por falta de circulación no sangue.

    4. costro.

      1. Filloa que se fai co primeiro leite que dá a vaca despois de parir.

      2. Comida feita con migallas de pan, ovos e azucre, ou trigo e millo, cocida con leite ou auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material que se utiliza en construción, formado por grava, area, cemento pórtland e auga.

    2. Formigón composto por unha estrutura interna metálica destinada a resistir esforzos de tracción e flexión que o formigón normal non pode aguantar.

    3. Formigón no seu estado natural unha vez que se lle retirou o encofrado.

    4. Formigón no que se empregou cal hidraúlico.

    5. Formigón de pouca densidade que se elabora a base de materiais porosos ou inxectado no seu interior con burbullas de aire, que se emprega para estruturas lixeiras.

    6. Formigón en que os seus compoñentes foron mesturados na fábrica ou noutro lugar antes de ser aplicados na obra.

    7. Formigón armado que tivo a súa estrutura metálica sometida a tensións para contrarrestar as producidas polas cargas a que se lle somete e evitar así as posibles fendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina para mesturar os materiais que forman o formigón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar onde as formigas viven en sociedade.

      2. Conxunto de formigas que viven xuntas en sociedade.

    1. Lugar onde hai moitas persoas movéndose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de substitución electrofílica mediante a que se introduce un ou máis grupos formilo nun composto orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo acilo univalente, de fórmula HCO-, que deriva do ácido fórmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das agaváceas, que presenta rizoma carnoso, follas basais ensiformes, flores carmesís ou amarelas sostidas por un escapo máis longo ca as follas, e froito en cápsula.

    2. Fibra que se extrae, en forma de fascículos, das follas desta planta, e que se emprega para fabricar tecidos, papel e cordas.

    VER O DETALLE DO TERMO