biliar
biliar
bile
-
adx
Relativo ou pertencente á bile.
-
adx
Que contén bile.
-
ácido biliar
[BIOQ/FISIOL ]
Esteroide presente na bile en forma de sales biliares.
-
pigmento biliar
[BIOQ/FISIOL ]
Substancia que provén da degradación da hemoglobina dos eritrocitos no fígado, bazo e medula ósea. Os máis importantes son a bilirrubina e a biliverdina.
-
sal biliar
[BIOQ/FISIOL ]
Substancia tensoactiva que se atopa na bile e que ten un papel importante como emulsionante de lípidos.
Citas
- Despois do accidente tivo problemas co funcionamento da vesícula biliar