bile

bile

lat bīle

  1. f [BIOQ/FISIOL ]

    Secreción externa que se sintetiza nas células hepáticas e que se almacena na vesícula bílica de moitos vertebrados cuxa función é a de facilitar a dixestión e absorción das graxas no intestino.

  2. f col

    Mal carácter propio de quen ve unicamente a parte negativa das cousas ou de quen ten sempre mal humor.

Sinónimos

fel

Citas

  • Moitos dos seus amigos abandonárono porque non soportaban a súa bile