batería

batería

bater

  1. f
    1. Obra de fortificación onde se aloxan diversas pezas de artillaría.

    2. Unidade elemental táctica e de tiro en artillaría que adoita actuar en grupo.

    1. Conxunto de instrumentos de percusión.

    2. Persoa que toca a batería nun grupo musical.

  2. f

    Conxunto de recipientes e instrumentos metálicos que se empregan na cociña.

    1. batería de acumuladores/eléctrica

      Agrupamento de acumuladores, conectados en serie ou en paralelo.

    2. batería flotante

      Batería de acumuladores destinada a alimentar un circuíto en que a alimentación normal pode fallar.

    3. batería nuclear

      Xerador que converte directamente en electricidade a enerxía cinética das partículas emitidas por unha fonte radiactiva.

    4. batería solar

      Batería de pilas ou células solares que se emprega para producir enerxía eléctrica a partir da radiación solar.

    5. Conxunto de aparellos, dispositivos e similares, dispostos un ao lado doutro e conectados de maneira que se sumen as súas accións.

  3. batería central [TECNOL ]

    Sistema que subministra a enerxía suficiente para abastecer os circuítos de telecomunicacións nun lugar de consumo particular.

Citas

  • A batería de luces do teatro da vila estragouse e non houbo representación

Formas incorrectas

bataría

Palabras vecinas

batente bateo bater batería bathoniano -na batíada batial