báltico -ca

báltico -ca

topónimo Báltico

Plural: bálticos Masculino: báltico Masculino plural: bálticos Feminino: báltica Feminino plural: bálticas
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao mar Báltico ou aos países bálticos.

    2. Natural ou habitante dos países Bálticos.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo báltico.

    2. Individuo do pobo báltico.

    3. Pobo de estirpe alemá das provincias bálticas do Imperio Ruso.

    1. Lingua orixinaria do grupo das linguas bálticas modernas.

    2. linguas bálticas

      Familia de linguas baltoeslavas que se compón de tres linguas principais, o letón, o lituano e o prusiano antigo, desaparecido no s XVII.

  1. escudo báltico [XEOG ]

    Rexión que comprende unha parte de Noruega, Suecia, Finlandia e da península de Kola, en Rusia.

  2. grupo humano báltico/bielobáltico/esteurópido [ANTROP ]

    Grupo humano leucodermo, que se localiza en Europa oriental e nororiental, ata o N e o centro de Asia. Caracterízase pola pigmentación moi clara da pel, cabelos de cor louro-cinsenta e iris con frecuencia azulado. Polo xeral ten nariz curto con perfil cóncavo.