bálteo

bálteo

lat baltĕu ‘cinturón’

  1. m [ARQUIT ]

    Moldura que cingue a voluta do capitel xónico polo centro da súa cara lateral.

  2. m [ARQUIT ]

    Muro que nos anfiteatros e teatros clásicos separaba os asentos das diferentes clases sociais e no que se abrían os vomitorios.

  3. m [HIST ]

    Cada un dos diversos tipos de cíngulos e bandas, como a correa da que pendía a espada que brandían os soldados romanos, que se usaban como insignia de oficial.

  4. m [INDUM ]

    Unha das dobras da toga, a primeira que se forma, que vai desde o costado dereito ata o ombreiro esquerdo.