azucre

azucre

ár as-sukkar

Plural: azucres
  1. s m [QUÍM/ALIM ]

    Substancia doce e cristalina presente no zume de gran número de plantas.

    1. s [QUÍM ]

      Nome xenérico de gran número de substancias doces análogas á sacarosa.

    2. azucre de fécula [QUÍM ]

        Glicosa líquida obtida por hidrólise do amidón.

    3. azucre de leite   [BIOQ ]

      lactosa.

    4. azucre de malta [QUÍM ]

        maltosa.

    5. azucre de uva [BIOQ ]

      glicosa.

Refranes

  • Con azucre e mel todo sabe ben.
  • O azucre fai moitos larpeiros.