azafrán

azafrán

ár az-zafarān

Plural: azafráns
  1. s m [PLANTA ]

    Planta herbácea vivaz da familia das iridáceas, bulbosas, que presentan follas estreitas, flores grandes, de cor violácea e con tres estigmas longos e escarlatas, e  froitos capsulares. Os seus estigmas desecados constitúen a especie de azafrán, empregada como condimento e como colorante.

  2. s m

    Cor amarela alaranxada propia do azafrán.

  3. s m [ALIM ]

    Condimento que se emprega para dar cor amarela, sabor e perfume a pratos que o requiren.

Confrontaciones

tollemerendas

Palabras vecinas

azafallar azafata azafate azafrán azafranal azafranar azagaia