axuda

axuda

axudar

Plural: axudas
  1. s f

    Acción e resultado de axudar.

  2. s f

    O que permite alcanzar un obxectivo prefixado.

  3. s f
    1. Acción e efecto de prestar axuda ou socorro, contribución ou subsidio ao rei ou ao señor para sufragar as súas necesidades ou por causa de circunstancias especiais.

    2. Complemento en diñeiro que, ademais do soldo, se entregaba aos  que exercían un cargo.

  4. s f [MED ]

    enema.

  5. axuda de custo [ECON ]

    Diñeiro que se entrega a funcionarios e algúns empregados para sufragar os gastos diarios ocasionados en desprazamentos, fóra do lugar de residencia, por razón do seu traballo.

  6. axuda exterior [ECON ]

    Bens de consumo, de equipo ou de capital cedidos polas organizacións de carácter internacional, polos organismos crediticios estatais ou polo sector privado, a un estado ou país coa finalidade de asegurar ou favorecer o seu desenvolvemento.

Sinónimos

Citas

  • A axuda estatal chegou cando estabamos a punto de abandonar o proxecto
  • Conseguiu aprobar o latín coa axuda dun profesor particular, Pediulle axuda porque xa non soportaba máis aquela desagradable situación

Refranes

  • ande me habedes axudar, compadre, desaxudádesme.
  • Dixo un paxaro no souto: o que acabe antes que axude Ao outro.
  • En labor feito e pan cocido moito axuda un mal veciño.
  • Fágoche porque me fagas, que non es Deus que me vallas.
  • O que non axuda non merece axuda.
  • Quen o seu carro unta, aos seu s bois axuda.
  • Ti que non podes e eu "que me axudo, ímo-los dous ata o cabo do mundo.
  • Un tizón non arde sen outro / que o acompañe.
  • Vale máis pouca axuda que moita derruba.