auxilio

auxilio

lat auxilĭu

Plural: auxilios
  1. s m

    Axuda prestada a alguén que se atopa nunha situación perigosa ou difícil.

  2. s m [DER ]

    Deber que, por razóns de humanidade, de parentesco, de interese público, entre outros, se impón pola lei obrigando a certas persoas ou entidades a axudar, asistir ou socorrer a outras, especialmente en situacións excepcionais.

  3. auxilios espirituais [RELIX ]

    Sacramentos administrados ao cristián en perigo de morte.

Sinónimos

Citas

  • Sempre me prestou o seu auxilio nos momentos difíciles