avance

avance

avanzar

Plural: avances
  1. s m

    Acción e efecto de avanzar.

  2. s m

    Feito de ir cara a adiante.

  3. s m [BÉL ]

    Partida ou unidade que marcha por diante do grupo principal das forzas.

  4. s m [ENX/IND ]

    Tempo que se fai transcorrer entre o salto da chispa ou o inicio da inxección e o punto morto superior (PMS), nos motores de acendido por chispa ou de acendido por compresión.

  5. s m [ESPECT ]

    Fragmento breve de calquera programa que se insire dentro da emisión televisiva ou radiofónica.

  6. s m [TECNOL ]

      Movemento relativo, nunha máquina-ferramenta, que expón sucesivamente novas partes da peza á acción de corte da propia ferramenta.

  7. avance de fase [FÍS ]

    Diferenza de fase entre dúas magnitudes sinusoidais da mesma frecuencia cando toman a segunda como referencia.

Sinónimos

Confrontaciones

retroceso

Citas

  • Avariouse o avance rápido do noso vídeo
  • Estes patíns non me permiten facer un avance rápido
  • No avance informativo saíu un adianto da información sobre o atentado terrorista desta mañá
  • Os avances na medicina moderna diminuíron a taxa de mortalidade