progresión
progresión
lat progressĭōne
-
s
f
Avance cara a adiante.
-
-
s
Sucesión de números a 1 ,a 2 ,a 3 ,...,a n , denominados termos, en que cada un deles está relacionado co anterior segundo unha lei simple.
-
progresión aritmética
Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior a k-1 , máis unha cantidade constante d que se denomina diferenza ou razón da progresión.
-
progresión xeométrica
Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior, a k-1 , multiplicado por unha cantidade constante r que se denomina razón da progresión.
-
s
-
s
f
[MÚS ]
Sucesión simétrica de sons musicais segundo unha lei ou fórmula determinada.