automatismo

automatismo

autómata

Plural: automatismos
  1. s m

    Calidade de automático.

  2. s m [AUTOM ]

    Elemento ou conxunto de elementos que, debidamente aplicados a unha operación, a unha máquina ou a un proceso, teñen a propiedade de automatizalo.

  3. s m [LIT ]

    Técnica literaria defendida polos escritores surrealistas que consiste en escribir maquinalmente, evitando a intervención da vontade, para reproducir o funcionamento real do pensamento.

  4. s m [PSIC ]

    Execución dos actos sen a intervención da vontade.

  5. automatismo mental [PAT ]

    Síndrome caracterizada pola produción espontánea e involuntaria de impresións, ideas e recordos, que se impoñen á consciencia do enfermo, quen os atribúe a unha acción estraña a el.