autómata

autómata

gr ἀ υτόματος ‘que se move só’

Plural: autómatas
  1. s

    Máquina que copia a figura e os movementos dun ser animado.

  2. s fig

    Persoa que se deixa manipular facilmente polos demais.

  3. s fig

    Persoa que actúa dun xeito mecánico, sen pór atención no que fai.

Sinónimos

Citas

  • A miña vida rutineira facíame sentir un autómata
  • O autómata da triloxía da Guerra das Galaxias chamábase C3PO
  • O líder desa secta converteu os seus seguidores nuns autómatas que só actuaban polas súas ordes