arrastrar

arrastrar

a- + rastrar

  1. v t

    Levar unha cousa ou unha persoa a rastro polo chan.

  2. v t

    Transportar algo impulsado polo propio movemento.

  3. v t

    Soportar algo con penalidade ou sufrimento.

  4. v t fig

    Inducir a alguén a un determinado comportamento ou vicio.

  5. v t

    Atraer a alguén para que adopte unha idea ou opinión.

  6. v i

    Tocar ou rozar o chan.

  7. v i

    Botar trunfos, en certos xogos de cartas.

  8. v pron

    Desprazarse rozando o chan.

  9. v pron

    Comportarse de xeito humillante fronte a outra persoa, perdendo a dignidade.

Sinónimos

Citas

  • Arrastra a enfermidade dende hai anos
  • Arrastraba a xente co seu discurso engaiolador
  • Arrastramos o armario porque pesaba moito
  • Arrastrei para quitar as corenta
  • O mar arrastra os argazos ata a praia
  • O vestido é longo e arrastra
  • O vicio arrastrouno ao delicto
  • Os réptiles avanzan pola superficie arrastrándose
  • Sempre se arrastra ante os superiores, é un lambecús
Conjugar
VERBO arrastrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastro
arrastras
arrastra
arrastramos
arrastrades
arrastran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastraba
arrastrabas
arrastraba
arrastrabamos
arrastrabades
arrastraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastrei
arrastraches
arrastrou
arrastramos
arrastrastes
arrastraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastrara
arrastraras
arrastrara
arrastraramos
arrastrarades
arrastraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastrarei
arrastrarás
arrastrará
arrastraremos
arrastraredes
arrastrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastraría
arrastrarías
arrastraría
arrastrariamos
arrastrariades
arrastrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastre
arrastres
arrastre
arrastremos
arrastredes
arrastren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastrase
arrastrases
arrastrase
arrastrasemos
arrastrasedes
arrastrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastrar
arrastrares
arrastrar
arrastrarmos
arrastrardes
arrastraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
arrastra
-
-
arrastrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrastrar
arrastrares
arrastrar
arrastrarmos
arrastrardes
arrastraren
Xerundio arrastrando
Participio arrastrado
arrastrada
arrastrados
arrastradas