tenda
tenda
lat *tenda tendĕre ‘tender’
-
s
f
Establecemento comercial onde se vende ao público calquera tipo de mercadorías polo miúdo.
-
-
s
Armazón portátil, facilmente desmontable, que consiste nun toldo que se estende sobre unha carcasa de paus cravados na terra.
-
tenda de campaña
Construción desmontable formada por unha armazón cuberta cun material impermeable que serve para aloxarse ao aire libre.
-
s
Sinónimos
Refranes
- A peor tenda é a baleira.
- A tenda é para quen a atenda.
- Do que está na súa tenda, que non digan que estivo na contenda.
- Non hai peor tenda cá que está baleira.
- Ó que está coidando da súa tenda non se lle achaca contenda.
- O que ten tenda que a atenda e, se non, que a venda.
- O tendeiro e a muller sempre teñen que facer.
- Pon a tenda do que entendas.