tambor

tambor

persa tabîr

Plural: tambores
  1. s m
    1. Nome xenérico con que se designa calquera dos instrumentos membranófonos de percusión formados por unha ou máis membranas vibratorias estendidas nunha ou máis aberturas dunha caixa de resonancia de materiais e formas diversas.

    2. Músico que toca este instrumento.

  2. s m
    1. Obxecto de forma cilíndrica.

    2. Peza do revólver, de forma cilíndrica, onde se aloxan as balas.

    3. Caixa de forma semicilíndrica ou redondeada destinada a protexer ou tapar as pezas do muíño.

    4. [TECNOL ]

      Peza cilíndrica, baleira, fixada na cara interior dunha roda, onde apertan as zapatas do freo.

    5. [TECNOL ]

      Cilindro baleiro, fixo ou xiratorio, de diferentes tamaños, que forma parte de diversas máquinas ou electrodomésticos.

    6. [MED ]

      Instrumento que transmite movemento a un aparato que rexistra as vibracións do aire.

    7. [ANAT ]

      Tímpano do oído.

    8. [ARTE ]

      Cada unha das pezas do fuste dunha columna que non é monolítica.

    9. [ARTE ]

      Corpo central do capitel corintio e do composto, sobre o que se coloca a decoración vexetal.

    10. [ARQUIT ]

      Muro cilíndrico que serve de base a unha cúpula para dar a esta maior elevación, xeralmente con fiestras para iluminar o interior do edificio.