sobrecarga

sobrecarga

sobre- + carga

Plural: sobrecargas
  1. s f

    Carga engadida á carga ordinaria.

  2. s f [FILAT ]

    Impresión tipográfica de carácter oficial, que se fai sobre un selo para aumentar o valor ou modificar o uso.

  3. s f [DER ]

    Exceso de carga fiscal, deducida da comparación entre os cocientes dos impostos pagados e os da renda ou ingresos do contribuínte.

  4. s f

    Corda que ata a carga ás cabalarías.

  5. s f

    Exceso de traballo que debe realizar alguén.

  6. s

    Mandatario que exerce a bordo dun barco as funcións administrativas que lle confiaran o armador ou os cargadores.

  7. s

    Membro da tripulación dun avión, encargado de tarefas auxiliares.